top of page

A modo de presentación

Un curruncho na rede para falar sobre A ponte sobre o Drina... e outras historias da rexión





Dende este sitio web falarei, de cando en vez, sobre A ponte sobre o Drina. Non a modo de crítica literaria ou de tradución, senón coma chanzo para contar e falar sobre todo o que rodea á obra.


A idea principal é escribar entre a ficción e a realidade, explicar que elementos da obra son históricos e cales son inventados, a pesar de que teñan unha orixe ou un fondo histórico.


Tamén pretendo explicar certas particularidades sobre a obra, o autor e a rexión: en que lingua está escrita? Era Andrić un escritor serbio ou croata? Que percepción se ten da obra hoxe no país? Sempre que sexa posible citarei e referenciarei obras ou artigos, deixando claro cal é o meu parecer ou a miña intuición sobre o asunto que for se este fose diverxente.


Non pretendo que esta páxina teña unha lectura liñal ou cronolóxica. Pretendo que sexa unha saca con tanta información como sexa posible, do máis variada, e agrupada por temas, para facilitar a súa procura, deixano ás veces temas pendentes de continuación, coa posibilidade de entrelazalos con outros temas, como se un enguedello do que tirar varios fío.


E sempre que sexa posible, responderei, se as houber, as dúbidas ou cuestións ao respecto, avisando xa de antemán que as miñas opinións son miñas, e teñen o valor que teñen.

Comments


bottom of page